• Todas as categorías
  • Entrevistando a...
  • Experimentando
  • Falagueira
  • Familias
  • Gargalladas
  • Investigando
  • Recanto literario
  • Recanto musical
  • Recomendámosche
  • Recuncho saudable
  • Tertuliaforte
FILTRAR
CONVERSANDO CON ESTEFANÍA PADULLES
O alumnado de 4ºA conversa con Estefanía Padulles ao rematar o obradoiro de ilustración.
A ilustradora e escritora Estefanía Padulles imparte un obradoiro de ilustración pola igualdade ao alumnado de 3º e 4º de primaria o día 8 de marzo.
O obradoiro comeza con una pequena introdución sobre a ilustración para pasar a práctica, nun primeiro momento será Estefanía a que ilustra, xunto co alumnado, a Maria Sibilla Merian (1647).
Para ilustrar a unha persoa temos que centrarnos nas súas virtudes, fortalezas, obxectos que a identifican, etc.
Tras esta ilustración conxunta o alumnado debería ilustrar a unha muller importante na súa vida, unha muller do seu entorno, unha muller próxima, non debe ser unha muller famosa. Trátase de darlle renome e fama a unha muller do noso entorno, valorando aqueles aspectos que son importantes para nos.