CEIP MONFORTE BLOG BIBLIOFORTE

BIBLIOFORTE DIXITAL






Esta ferramenta online permite o acceso a través da rede a alumnos, pais e mestres a material de lectura, traballos feitos no centro e recursos educativos útiles para axudar no proceso de aprendizaxe dos nenos.





Está composta por cinco seccións:






  • Lecturas dixitais, nas que se pode buscar lecturas por categoría, autor, idioma ou nivel lector.

  • Recursos web, con enlaces a páxinas de internet que teñen algún valor pedagóxico.

  • Hemeroteca, con revistas e/ou xornais editados no centro e/ou online.

  • Familias, onde hai información e recursos de interese para as familias

  • Zona Privada, zona de acceso restrinxido mediante contrasinal.











LECTURAS






Neste apartado recóllense libros dixitais (formato .epub, pdf, etc) de autoría propia e libros procedentes de internet de “carácter” libre e gratuíto. Aparecen clasificados por categorías e autor (ambos poden ser seleccionados no menú lateral esquerdo). Además pódense buscar lecturas por idioma ou nivel lector.





Nos libros de autoría propia, por razóns de estética e funcionalidade, figura como autor o equipo impulsor e coordinador. Para localizar os libros realizados por un determinado grupo, un profesor e/ou durante un curso teremos que empregar o campo de búsqueda que está a carón do botón filtrar.





Funcionamento do recurso buscar / filtrar:





Cada curso escolar, ao grupo de alumnos que entra a formar parte da nosa comunidade educativa, en 4º de EI (3 anos) asígnaselle un número de referencia coincidindo cos dous últimos díxitos do ano de entrada, ao que se lle engade A ou B cando o grupo se divide. O alumnado de incorporación tardía ou repetidor terá o mesmo código de referencia que os seus compañeiros de grupo. Este número de referencia identifica ao grupo en todas as súas actividades, incluíndo mochilas viaxeiras, currículo lector, ...

Exemplo: a referencia 10A, identifica todas as publicacións do grupo de alumnos que no 2010 comenzou a súa escolaridade en 4º de Educación Infantil (3 anos).













RECURSOS WEB






Selección de recursos web educativos e didácticos organizados segundo a clasificación da CDU e tendo en conta as distintas materias e os niveis impartidos no centro.





Dentro dos recursos web no punto 4 da CDU (Miscelánea de Autoría propia) aparecen recollidos os recursos web de elaboración/autoría propia (feitos por profesorado do centro).