APRENDO MÚSICA
Octavio Soler, Actividades e xogos para aprender e practicar a linguaxe musical.Nivel Primaria.
Actividades encamiñadas á aprendizaxe das notas e á iniciación nos distintos instrumentos.
VISITAR
As actividades e xogos poden ser utilizados nas aulas de informática, aulas

de música provistas de ordenador ou encerado dixital



1º nivel: actividades de discriminación auditiva relacionadas coas
cualidades do son: grave/agudo, timbre, etc. Lectoescritura musical coas notas
la-sol-mi y las células rítmicas básicas: negra, silencio de negra e parella de
corcheas.



2º nivel: Lectoescritura no ámbito do – la, e os mesmos contidos rítmicos
anteriores, aos que se engaden a branca e o concepto de acento musical e
compás.



3º nivel: Lecto-escritura no ámbito da octava. Compases binarios de 2 e 3
pulsos. Célula rítmica de catro semicorcheas. Formas musicais simples.



4º nivel: Lecto-escritura no ámbito da oitava e re agudo. Compases binarios
de 2, 3 e 4 pulsacións. Células rítmicas de corchea a contratempo, negra con
puntillo e corchea, sincopa. Conceptos de ton e semitón, intervalo melódico,
frases conclusivas e suspensivas, tónica e dominante.



5º nivel: Lecto-escritura no ámbito de dominante (sol grave – sol agudo).
Compases compostos, combinacións rítmicas con corcheas e semicorcheas, modo
maior e menor, intervalos armónicos.



6ºnivel: Tonalidades de sol e fa maior, re e mi menor. Funcións tonais.
Acordes.



volver