MELOS 3ºCICLO (2009)
Revista de pasatempos educativos, realizada polo ENL. Nivel 3ºCiclo. Maio 2009
Revista pensada para pasar un rato de lecer en galego.
DESCARGAR
PRESENTACIÓN

Unha vez máis no maio
As LETRAS imos celebrar
Por iso convosco
MELOS volta a estar.
MELOS non é un doce,
Nin tampouco un bombón,
MELOS é unha revista
Que alegra o corazón
O corazón dos que a facemos
Con moita dedicación
Con traballo, con esforzo,
Con moitísima ilusión.
O corazón dos que a len,
Esperando atopar …
Algo co que entreterse
Que tampouco está mal!
O que esquece a súa lingua
Esqueceu as súas orixes
E se non sabes quen es ...
Cara onde te dirixes?
Se o vindeiro maio
MELOS aquí volta a estar,
é sinal de que no Novo
A LINGUA segue a medrar

volver