BILLARDA 2009
Revista escolar elaborada polo ENL recompilando os principais momentos e actividades realizadas durante o curso 2008-09.
Miscelanea en galego: Colección de curiosidades e materiais heteroxéneos, realizados polo alumnado dos diferentes niveis educativos.
Destaca o homenaxeado, Letras Galegas 2009: Ramón Piñeiro López.
DESCARGAR
A revista Billarda, nace co ánimo de constituír un espazo de comunicación en lingua galega; pretendemos que provoque a necesidade de escribir e utilizar a nosa lingua, que os participantes valoren o seu uso e que se decaten que é importante utilizala, que non desapareza; pois non só é unha lingua, senón un modo de expresarse e de vivir.
Ofrece a alumnado, profesorado e comunidade educativa a oportunidade de publicar traballos, noticias, creacións de seu; expresar opinión ou dicir algo que se considera importante comunicar.

volver