• Todas as categorías
  • Entrevistando a...
  • Experimentando
  • Falagueira
  • Gargalladas
  • Investigando
  • Recanto literario
  • Recanto musical
  • Recomendámosche
  • Recuncho saudable
  • Tertuliaforte
FILTRAR
ENTREVISTANDO A... ANXO MOURE
Entrevistadoras: Lucía e Nadia de 6º.
Entrevistado: Anxo Moure.
Hoxe día de San Brais, por xentileza da Confederación Hidrográfica, tivemos a sorte de ter entre nos ao contacontos e barqueiro do Miño, Anxo Moure,
Coma sempre unhas sesións de contos moi lúdicas e didácticas centradas nesta ocasión en divulgar a conca do MiñoSil e o coidado dos ríos, ademais de subliñar a importancia da auga e o coidado da natureza en xeral.
Acompañado de dúas barcas típicas do Miño, a Barca de Pousa e o Batuxo, levounos a coñecer os diferentes lugares da conca do MiñoSil e do Cabe, os peixes de río, as Xacias,... e ata o "berro" que a modo de saúdo, sobre todo en tempo de bendima, se escoitaba dicir entre os habitantes dun e outro lado do Miño sobre todo na zona de Belesar.
- “Ei rabudos!” (berro dos de Chantada) // -“Ei papeiros!” (berro dos de Ferreira e o Saviñao