CEIP MONFORTE BLOG BIBLIOFORTE
RÚTA VII CONDE DE LEMOS E CERVANTES
Sen determinar
Autor:
Biblioforte
consultar biografía
Categoría:
Guía turística
Idioma:
Bitácora de explorador, realizada por Mª Sol Sánchez, responsable da biblioteca, como apoio as visitas guiadas pola ruta dos VII Condes de Lemos e Cervantes .
Información e interrogantes para o alumnado explorador, antes, durante e despois da visita pola ruta dos VII Condes de Lemos e Cervantes
DESCARGAR

Con este tipo de actividades, incluídas dentro do proxecto interdisciplinar de centro "Explorando Monforte", pretendemos que o alumnado coñeza dunha forma activa, participativa e lúdica algo máis da súa cidade; en concreto, neste caso, a importancia dos VII Condes de Lemos tanto para a cidade de Monforte como a nivel cultural nacional e universal dado o importante papel de mecenas do noso Conde de Lemos que fixo posible a existencia de obras literarias tan importates como El Quijote.

Pretendemos que o alumnado coñeza e valore aspectos históricos, culturais, sociais, xeográficos, urbanísticos, etc basicos do seu pobo que están interrelacionados e que viven en constante cambio (por exemplo, no nome das rúas e prazas) e evolución nesa cidade na que eles viven e da que forman parte.

volver